Modo Profe

Modo Profe: Matemáticas de 2.º de ESO

«Hoxe ti es o profe de mates». O alumno prepara a clase, corrixe exames co bolígrafo vermello, pon notas e dá titorías para que Brais, o peor alumno da historia do insti, aprobe. E, sen decatarse, repasa todo o curso.

ESOMatemáticas2.º curso
Etapa
ESO · 2.º curso
Duración
12 unidades · 3 avaliacións
Idiomas
Castellano · Galego
Currículo
LOMLOE · Decreto 156/2022

Capturas

Que fai o alumnado

  • Prepara a clase con apuntamentos claros e exemplos resoltos de cada unidade.
  • Corrixe exames dos seus «alumnos» que conteñen os erros típicos do curso.
  • Pon notas no caderno e explica o erro en titorías individuais.
  • Supera retos de cálculo lóstrego e eventos sorpresa.
  • Gaña insignias, sobe de nivel e desbloquea a tenda da sala de profes.

Que recibe o profesorado

  • Un informe final que o alumno xera e entrega, con unidades completadas e acertos.
  • Códigos para que o alumno continúe a súa partida noutro dispositivo.
  • Contidos ordenados por avaliacións, como na programación didáctica.
  • Un recurso para reforzo, aula invertida ou repaso antes do exame.

Unidades incluídas

1.ª avaliación

  • Números enteiros e divisibilidade
  • Fraccións e decimais
  • Potencias e raíces
  • Proporcionalidade e porcentaxes

2.ª avaliación

  • Expresións alxébricas e polinomios
  • Ecuacións de primeiro grao
  • Ecuacións de segundo grao
  • Sistemas de ecuacións

3.ª avaliación

  • Semellanza e teorema de Tales
  • Áreas e volumes
  • Funcións
  • Probabilidade: regra de Laplace

As capturas corresponden a unha versión personalizada para un centro; os datos do centro aparecen difuminados. A versión xenérica usa un instituto ficticio.

Queres probalo co teu grupo?

Enviámosche un acceso de demostración para que o probes antes de decidir.

WhatsApp