Quen somos
Feito por un docente de certificados, para docentes
Educanorte é a área educativa de ivanjaime.com, un estudo de desenvolvemento web e consultoría dixital de Lugo. Detrás de cada simulador hai alguén que dá clase cada semana.
De onde vimos
Son Iván Jaime Rodríguez Corral. Imparto formación profesional para o emprego en Galicia desde 2021, en certificados de administración, informática e docencia, e son autor dos manuais de varios deles.
Na aula via sempre o mesmo: grupos moi diversos, pouco tempo e unha distancia enorme entre o temario e o que o alumnado precisa practicar antes de chegar á empresa. Empecei a crear simuladores para as miñas propias clases e useinos cos meus grupos.
Educanorte nace para levalos a outras academias, centros e docentes cunha idea sinxela: calidade profesional a un prezo que se poida pagar sen pedir un orzamento extraordinario.
Como traballamos
A didáctica primeiro
Cada simulador empeza polos módulos e resultados de aprendizaxe, non pola tecnoloxía.
Datos mínimos
Se un dato non é imprescindible, non o pedimos. E case nunca o é.
IA como ferramenta, non como autora
Usámola para producir máis rápido; o deseño e a revisión son humanos.
Prezo xusto
Queremos que o prezo non sexa o motivo para non usar un bo recurso.
Datos do titular
Educanorte é un nome comercial de Iván Jaime Rodríguez Corral, profesional autónomo. Consulta todos os datos no aviso legal.
Próbalo co teu próximo grupo?
Dámosche acceso de balde durante 15 días ao simulador que queiras. Sen compromiso.