Simuladores para preparar oposicións
Simulacros co formato real do exame, supostos prácticos que se resolven nunha contorna de traballo simulada e un temario que se repasa por niveis. Para academias que queren ofrecer algo máis ca un banco de preguntas.
Que lle achega a unha academia
Formato real de exame
Tempo, penalización por erro e número de preguntas de cada convocatoria.
Detecta puntos débiles
O opositor ve que temas falla máis e repasa só iso.
Coa marca da academia
Personalizamos nome, cores e contidos para o teu alumnado.
Exemplos do que podemos crear
Auxiliar administrativo
Test por bloques e suposto práctico de ofimática e rexistro.
Celador / TCAE
Casos prácticos de circuítos hospitalarios e atención ao paciente.
Policía local
Temario xurídico gamificado e psicotécnicos cronometrados.
Corpo de mestres
Deseño de situacións de aprendizaxe e defensa da programación.
Os simuladores marcados «Por encarga» desenvólvense cando un centro os solicita. Se o teu é o primeiro, benefícieste do prezo de lanzamento.
Para quen
Para academias de oposicións, sindicatos e colexios profesionais que forman aos seus afiliados.
Queres ver un exemplo aplicado ao teu caso?
Cóntanos que precisas e propoñémosche un simulador con orzamento pechado.