Preguntas frecuentes

Resolvemos as túas dúbidas

Non atopas a túa? Escríbenos por WhatsApp, chámanos ou usa o formulario.

Certificados de profesionalidade

Como o probo antes de pagar?
Pídenos as claves polo formulario, por WhatsApp ou por teléfono. Activámosche unha licenza de proba de balde de 15 días para o simulador que escollas, co modo profesor incluído.
Canto custa?
90 € + IVE ao ano por simulador (108,90 € con IVE). Tres simuladores distintos, 240 € + IVE; os catro, 300 € + IVE. Cada licenza cobre ata 100 alumnos no ano.
Pode contratalo un docente e non a academia?
Si, ao mesmo prezo. A licenza queda ao teu nome e úsala con todos os teus grupos dese certificado durante o ano.
Que pasa cando remata unha edición do curso?
Pídesnos «nova edición» e baleiramos a lista de alumnos. O seguinte grupo empeza de cero cos mesmos códigos ou con outros novos, como prefiras, ata 100 alumnos no ano.
Substitúe as prácticas ou as horas do curso?
Non. É un recurso para practicar o que se ve nos módulos formativos, na aula ou na casa. Complementa a formación; non substitúe as horas lectivas nin o módulo de prácticas profesionais non laborais.
Serve para teleformación ou para que practiquen na casa?
Si. Funciona en calquera navegador con internet. O alumno pode seguir na casa e, se cambia de ordenador, carga o seu arquivo de partida.
Funcionan en tablet ou no móbil?
MiñoGest e AulaDuero están adaptados a tablet e móbil. TormesGest e EbroGest, con documentos máis grandes, trabállanse mellor en ordenador.

Uso e requisitos

Hai que instalar algo?
Non. Ábrense no navegador (Chrome, Edge, Firefox ou Safari actualizados). Só fai falta conexión a internet ao entrar. Os simuladores de certificados están en castelán.
Funcionan cos filtros de rede da academia ou do centro?
Si. Non dependen de servizos externos (nin fontes, nin vídeos, nin analítica de terceiros). Se tedes unha configuración especial, comprobámolo durante a proba.
Como segue o profesor o progreso?
Co modo profesor: segundo o simulador, ves o progreso directamente ou importas as partidas do grupo, con avaliacións, nota orientativa e exportación a Excel.
Emitides factura? Traballades con centros públicos?
Si. Factura a nome da academia, o centro ou o docente, con pagamento por transferencia. Con centros públicos traballamos como contrato menor e emitimos factura electrónica por FACe cando se require.

Datos e contidos

Que datos do alumnado gardades?
O nome que escribe o alumno (pode ser un alcume), a data de alta e de último acceso e un identificador aleatorio do dispositivo; nalgúns simuladores, tamén un resumo do progreso. Nada de emails, teléfonos nin cookies. Máis información en privacidade e seguridade.
Usades intelixencia artificial?
Si, como ferramenta de produción: permítenos desenvolver máis rápido e manter prezos baixos. O deseño didáctico, a revisión de contidos e as probas faias un docente.
Que pasa se atopamos un erro nun contido?
Comunícasnolo e corrixímolo sen custo durante a licenza. As correccións chegan a todos os centros.
Tedes simuladores para colexios e institutos?
Si: Modo Profe, CronoProfe, Misión Marte, BioGeo Lab, Paso a Paso e OposiFácil Celador. Podes pedir unha proba de balde desde colexios e institutos.

Próbalo co teu próximo grupo?

Dámosche acceso de balde durante 15 días ao simulador que queiras. Sen compromiso.

WhatsApp