Privacidade e seguridade

Protección de datos resolta desde o deseño

Os nosos simuladores úsanos menores de idade. Por iso constrúímolos para que non precisen os seus datos: nin contas, nin cookies, nin analítica de terceiros. Menos datos, menos riscos e menos papeleo para o centro.

Sen contas de alumno

O alumnado non se rexistra nin facilita email, teléfono ou contrasinal. Se un simulador pide un nome para personalizar o informe, ese dato queda no seu dispositivo.

Sen cookies nin rastrexadores

Nin a web nin os simuladores instalan cookies. Non usamos Google Analytics, píxeles publicitarios nin fontes de Google.

Sen conexións externas

Os simuladores non chaman a servidores de terceiros mentres se usan. Funcionan cos filtros de rede habituais nos centros.

O progreso queda no dispositivo

A partida gárdase no almacenamento local do navegador ou nun arquivo que o alumno descarga. Nós non a recibimos.

Aloxamento na UE

Web e simuladores aloxados en servidores dentro da Unión Europea, con conexión cifrada (HTTPS).

Documentación para o centro

Se o teu centro o precisa, facilitámosche unha ficha técnica de privacidade para o rexistro de actividades ou para a persoa responsable de protección de datos.

Que datos tratamos e cales non

DatoNos simuladoresNesta web
Nome ou email do alumnadoNon se recolleNon se recolle
Progreso e puntuaciónsSó no dispositivo do alumnoNon aplica
CookiesNingunhaNingunha
Analítica de terceirosNingunhaNingunha
Datos de contacto do docente ou centroNonSó se nos escribes, para responderche
Datos de facturaciónNonSó de clientes, por obriga legal

Recomendacións para a aula

  • Pídelle ao alumnado que use o seu nome de pía ou un alcume se o simulador xera un informe.
  • En ordenadores compartidos, lembra gardar a partida en arquivo e pechar o navegador ao rematar.
  • Os informes que entrega o alumnado pasan a ser documentación do centro: trátaos como o resto de traballos.

Máis detalle na política de privacidade e na política de cookies.

Vémolo co teu departamento?

Cóntanos que materias e cursos che interesan. Amosámosche unha demo e enviámosche un orzamento pechado sen compromiso.

WhatsApp