Simuladores para formación para o emprego e FP

Xestorías, ERP, almacéns, recepcións de hotel ou comercios. O alumnado traballa como se estivese na empresa: con documentos realistas, clientes, prazos e imprevistos. A práctica que non sempre se pode ofrecer na aula.

O que lles resolven aos centros de formación

Práctica profesional real

Tarefas baseadas nos módulos formativos e no traballo diario dunha empresa.

Grupos heteroxéneos

Cada alumno avanza ao seu ritmo e o docente abre contidos por semanas.

Evidencias de aprendizaxe

Informes e certificado de prácticas para o expediente do curso.

Catálogo

Demo dispoñible

MiñoGest · Prácticas en oficina

Seis semanas nunha xestoría: recepción, rexistro, gravación, laboral, arquivo e contabilidade.

Ver demo
Por encarga

Almacén e loxística

Recepción de mercadoría, inventario, localizacións e preparación de pedidos.

Por encarga

Recepción de hotel

Reservas, check-in, facturación e atención de incidencias.

Por encarga

Comercio e TPV

Caixa, devolucións, escaparate e atención ao cliente.

Os simuladores marcados «Por encarga» desenvólvense cando un centro os solicita. Se o teu é o primeiro, benefícieste do prezo de lanzamento.

Para quen

Para centros de formación, academias, entidades que imparten certificados de profesionalidade, centros de FP e departamentos de formación de empresas.

Queres ver un exemplo aplicado ao teu caso?

Cóntanos que precisas e propoñémosche un simulador con orzamento pechado.

WhatsApp