Xogos web a medida

Xogos para o navegador coa túa marca, o teu concello ou o teu colexio

Deseñamos xogos sinxelos e enganchantes que se abren cunha ligazón, sen descargas nin rexistro. A túa xente xoga no móbil ou no ordenador, volve cada día e comparte a súa partida por WhatsApp.

De balde, sen rexistro. Ábrese nunha lapela nova e a partida gárdase no teu navegador.

  • Sen descargasXógase cunha ligazón, en calquera navegador.
  • Móbil e ordenadorE pódese instalar como unha app no móbil.
  • Galego e castelánOu outros idiomas que precises.
  • Sen cookies nin rexistroA partida gárdase no propio dispositivo.
educanorte.es/granxa/
Pantalla principal de Granxa Galega coa vaca e os produtores
Granxa Galega no móbil

Caso real

Granxa Galega: dunha galiña a unha cooperativa

Un xogo de melloras ambientado na Galicia rural. Comezas muxindo unha vaca e acabas con hórreos, queixerías, viñedos na Ribeira Sacra, pulpería na feira e parque eólico.

  • 12 produtores e decenas de melloras inspirados en Galicia
  • 9 minixogos, misións diarias e 79 logros
  • Festas do calendario real: Magosto, Nadal, Entroido, San Xoán e feira dos domingos
  • Ceo que cambia segundo a hora e o tempo
  • Personaxe propio e razas autóctonas de vaca
  • Tarxeta para compartir a granxa por WhatsApp
Xogar a Granxa Galega

Para quen

Un xogo para cada obxectivo

Partimos dunha mecánica que xa funciona e vestímola coa túa historia, os teus produtos e a túa imaxe.

Concellos e turismo

Dá a coñecer o teu municipio, as túas festas e os teus produtos cun xogo que a xente comparte.

Exemplo: un xogo da túa comarca onde se desbloquean lugares, rutas e festas locais.

Empresas e marcas

Os teus produtos convertidos en pezas do xogo: unha forma diferente de fidelizar e de que falen de ti.

Exemplo: unha queixería ou adega cuxo xogo amosa o seu proceso e dá un código de desconto ao superar un reto.

Colexios e asociacións

Lingua, cultura e valores en formato xogo, para a aula ou para a casa.

Exemplo: un xogo en galego para a semana das Letras Galegas ou un proxecto de centro.

Eventos e campañas

Un xogo temporal para unha data concreta, con premio para quen chegue máis lonxe.

Exemplo: un xogo de Magosto ou de Nadal para unha campaña do comercio local.

Que se pode personalizar

Todo o que se ve: o xogo adáptase á túa marca, non ao revés.

  • Nome, logotipo e cores
  • Personaxes, produtos e lugares
  • Textos e idiomas (galego, castelán, portugués, inglés…)
  • Retos, premios e códigos de desconto
  • Datas especiais e campañas
  • Publicación na túa web ou nun enderezo propio

Como o facemos

  1. Cóntasnos a idea

    Que queres conseguir, para quen e para cando.

  2. Proposta e prezo pechado

    Enviámosche que inclúe o xogo, prazos e orzamento.

  3. Versión xogable

    Próbalo no teu móbil e axustamos o que faga falta.

  4. Publicación

    Publicámolo coa túa ligazón e a súa tarxeta para compartir por WhatsApp.

Prezo

Sen cotas mensuais. Dámosche un orzamento pechado antes de comezar.

Xogo a medida

Unha mecánica nova deseñada para o teu obxectivo.

Orzamento

 

Prezo pechado segundo o alcance

  • Idea e mecánica propias
  • Minixogos, retos e premios
  • Os idiomas que precises
  • Opción de exclusividade
Contar a miña idea

Prezos sen IVE. O prezo final depende da cantidade de contido e dos cambios que pidas; confirmámoscho por escrito.

Preguntas frecuentes sobre os xogos

Hai que descargar algo para xogar?
Non. Xógase no navegador cunha ligazón, en móbil, tablet ou ordenador. Se se quere, pódese instalar no móbil como unha app.
Onde se publica o xogo?
Na túa propia web, nun enderezo propio ou en educanorte.es. Falámolo na proposta.
Recolle datos dos xogadores?
Non. Non hai rexistro nin cookies: a partida gárdase no navegador de cada xogador. Se precisas un concurso con datos de participantes, deseñámolo á parte cumprindo o RXPD.
Canto se tarda?
Unha adaptación dun xogo existente adoita estar lista en poucas semanas. Un xogo novo depende do seu alcance; dámosche o prazo na proposta.
Pódese cambiar algo despois?
Si. Podemos engadir contido, datas especiais ou retos novos máis adiante cun orzamento á parte.

Tes unha idea para un xogo?

Cóntanola polo formulario, WhatsApp ou teléfono e dicímosche como facela realidade e canto custaría.

WhatsApp